 |
CRÍA DE COELLOS EN SEMILIBERDADE |
 |
| |
|
| A Sociedade de Caza de Portas posee nestes intres dous criadeiros de coellos xenéticamente puros en semiliberdade onde produce todos os coellos destinados as repoboacións no Tecor de Portas. |
 |
 |
 |
| |
|
|
 |
 |
 |
| |
Alá polo ano 2002, recién estreada esta xunta directiva, unha vez analizada a situación da Sociedade e demostrando que as repoboacións con coello híbrido de granxa, que é o que hai no mercado, non daba os resultados esperados comenzamos a darlle voltas a posibilidade de producir nós na Sociedade os nosos propios coellos. |
|
 |
 |
 |
| |
Fomos madurando a idea e pouco a pouco démoslle forma, que ninguén pense que foi un traballo doado, percorremos moitos kilómetros en busca de información, fixemos innumerables chamadas de teléfono, loitamos a reo para conseguir unha parcela onde poder desenvolver o que era un "soño" e estrujámonos os miolos na procura de financiamento. |
|
 |
 |
 |
| |
|
|
 |
 |
 |
| |
A verdade é que se deron bastante ben as cousas. Con todo hilvanado só quedaba expoñelo na Asamblea e obter o compromiso dos socios, algún deles a pesar da súa ignorancia permitíanse o luxo de opinar sobre o tema. Teño que recoñecer que con maís pena que gloria votou a andar esta iniciativa pioneira na comarca e unha das primeiras en Galicia. |
|
 |
 |
 |
| |
Xa postos mans á obra o básico dunhas instalacións deste tipo son un cierre perimetral con divisións internas e dúas zonas ben diferenciadas: unha de cobixo dos animaís e outra de pradeira destinada á alimentación, ademáis dunha cuberta superior para evitar a entrada ó mesmo dos predadores. |
|
 |
 |
 |
| |
Durante toda unha tempada, de Marzo a Outubro, traballamos tódolos fins de semana e festivos de sol a sol uns poucos socios comprometidos co proxecto, en beneficio de todos, e conseguimos con moito esforzo e dedicación acabar o "criadeiro de coellos xenéticamente puros en semiliberdade" o cal hoxe en día é motivo de orgullo para todos os socios do Tecor de Portas, incluso para os que nunca creéron en nós. ¡Que o disfruten! |
|
 |
 |
 |
| |
Hoxe en día non só está ese primeiro criadeiro en producción senon que xa concluiron os traballos de construcción dun segundo criadeiro. ¡Así é a vida! |
|
 |
 |
 |
| |
 |
 |
 |
 |
Non podía rematar esta pequena historia dun soño feito realidade sen darlle as grazas a todos aqueles socios que coas súas mans o fixeron posible, especialmente a un que hoxe está no ceo, en labores cinexéticas por suposto, vai pot TI "CARLIÑOS".
O máis sincero agradecemento a todos aqueles que dunha ou doutra maneira colaboraron con nós: |
|
|
 |
 |
 |
| |
Vicente Piorno, Carmen Cajide, Victor Rodríguez, Consellería de Medio Ambiente, ADR Ulla-Umia, Comunidade de Montes San Cristobal de Briallos, Concello de Portas, Federación Galega de Caza. A TODOS ELES GRAZAS |
|
| |
|
|