XESTIÓN CINEXÉTICA NO TECOR > Xabaril

Hoxe en día e un principais “Rompedeiros de cabeza” da Sociedade de Caza de Portas. Debido as caracteristicas orógraficas do Tecor as poboacións de xabaríl son moi fluctuantes, xa que o non poseer zonas con densidad alta de vexetación o Tecor convertese nun lugar de paso e de alimentación dos suidos.

Son innumerables os daños causados os agricultores das catro parroquias que compoñen o Concello, tamén son considerables as irrupcións destes animais na gran cantidad de vías de comunicación que atravesan o Tecor.

Mediante numerosas batidas, tentamos manter a raia as poboacións, se ben hai que recoñecer que un gran número de veces resultan infructuosas , posto que as reducidas dimensións do Tecor fan que os animais o crucen sen problema cara a encames máis seguros fora do mesmo.

TECOR DE PORTAS Rapeira, 26 • 36658 Portas • Pontevedra
Telf. 606 856 853 • Email. info@tecorportas.com
Diseño y desarrollo NOVOSmedios